?“As mulleres saharauís seguimos a ser a base fundamental da organización dos campos de persoas refuxiadas”. Aixa vive nun deles, na provincia alxeriana de Tindouf, xunto a outras 150.000 persoas. Ela é unha das protagonistas da expo ‘Tecedoras do cambio’ https://t.co/v258i1YQSB pic.twitter.com/USBgqbcvl0
— Coordi_Galega_ONGD (@cgongd) 8 de noviembre de 2018
A exposición fotográfica Tecedoras do cambio inaugurouse hoxe en Pontevedra no marco do proxecto Mulleres que mudan o mundo impulsado pola Deputación de Pontevedra en colaboración coa Coordinadora Galega de ONGD. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e a vogal da Coordinadora, Lorena Seijo, presentaron ante os medios a mostra fotográfica composta por imaxes de lideresas comunitarias que loitan por unha vida digna en América Latina, África e Asia.