Hamada: o fóra de campo – Luzes – Eloy Domínguez Serén

Hamada: o fóra de campo – Luzes – Eloy Domínguez Serén

Cada dez ou quince días, o meu amigo Sidahmed e eu chamámonos para poñérmonos ao día das nosas respectivas vidas. E os días que non podemos falar, intercambiamos longas mensaxes de voz a través de Whatsapp, tal e como fan os personaxes da miña película Hamada, da que el é protagonista. Encántame escoitar o seu acento saharauí comezando sempre coa mesma frase: «hola hermano, ¿qué tal estás? A ver, pues aquí…». Nunca falla. Esta semana estivo a contarme un incidente que lle aconteceu a un parente seu coa policía. O rapaz, que é menor de idade, non ten papeis e pillárono traballando coa documentación dun amigo. O resultado foi un pequeno susto para os dous, unha multa a cada un e unha causa pendente que lles aplicarán cando cumpran os dezaoito.

(…)

Origen: Hamada: o fóra de campo – Luzes