- Santalices agradeceu ás familias acolledoras do programa ‘Vacacións en paz’ a súa participación nesta iniciativa
Santiago, 17 de xullo de 2024.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, deu esta mañá a benvida aos menores saharauis e as familias acolledoras que participan na iniciativa ‘Vacacións en paz’, o programa de acollida temporal de nenos saharauis durante os meses de xullo e agosto.
Un grupo de familias galegas colaboran neste proxecto que permite á infancia distanciarse temporalmente dos campos de refuxiados de Tinduf (Argelia) e das altas temperaturas do deserto do Sahara, que poden chegar aos 50 grados nestes meses.
Santalices agradeceu o traballo da Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí e das familias acolledoras, e animou a seguir cooperando nesta iniciativa solidaria.
Saúdos. Gabinete de Comunicación.