Mohamed Dchira: «Os mil significados da realidade saharauí»

Home Actualidad Mohamed Dchira: «Os mil significados da realidade saharauí»
Mohamed Dchira: «Os mil significados da realidade saharauí»

Mohamed Latrach, máis coñecido na comunidade saharauí por Mohamend “Dchira”, representa unha das personalidades culturais máis interesantes do Sahara Occidental. Nado en 1983 en El Aaiun, cidade na que vive, Dchira é técnico especialista en fotografía e imaxe. Nesta entrevista fala dunha nova sociedade saharauí, dos seus temores, das súas ilusións e das súas reivindicacións tras más de 40 anos de ocupación marroquí.

Por Galicia Confidencial | El Aaiun |

Entrevista realizada por Nicolás Iván Vaqueiro Gradín para Galicia Confidencial

O fotógrafo saharauí Mohamend Dchira

O fotógrafo saharauí Mohamend Dchira | Fonte: remitida

Citámonos con Mohamed Dchira no Dubai Café, na Rúa Bouchraya. Nada ou case nada se entende en El Aaiun se non é ao redor dun té. Falamos en “hassani”, a lingua dos saharauís. Maniféstanos a súa paixón pola fotografía e a arte en xeral e falamos dos problemas dos mozos saharauís, das súas reivindicacións e das para conseguir traballo ou desenvolverse vitalmente pola ocupación marroquí. Por iso moitos, queren marchar.

Dchira prepara ademais un documental, chamado “O Paseo”, que pretende estrear en 2020 coincidindo co décimo aniversario dos acontecementos do “campamento liberdade” de Gdein Izik. Un documental para o que realizou 450 entrevistas e que terá unha duración dalgo menos dunha hora.
(…)

Artículo completo en: Mohamed Dchira: «Os mil significados da realidade saharauí»